Friday 22 de November de 2024

Medio cento de cativas e cativos gozaron esta mañá coa sesión de maxia a cargo do Mago Charly Braun


 

Arredor de medio cento de rapazas e rapaces achegáronse esta mañá aos soportais do Coliseo Noela para asistiren á unha completa sesión de maxia. Esta cita inclúese dentro da ampla programación de lecer Rúas Vivas organizada polo Concello de Noia para este verán.

A cita estaba inicialmente prevista na Rúa do Cantón, se ben por mor das adversas previsións climatolóxicas trasladouse finalmente aos soportais do Coliseo Noela. Alí o mago Charly Braun sorprendeu a toda a cativada asistente cos seus trucos. Unha sesión na que tamén algunha das pequenas participantes formou parte activa facendo as veces de colaboradora improvisada. A actividade contou cunha excelente acollida por parte das crianzas asistentes.