A alcaldesa Inés Rey animounos a gozar dunha estancia que lles permitirá medrar no académico e como persoas
A alcaldesa Inés Rey e o concelleiro de Educación, Jesús Celemín, despediron esta mañá no salón de plenos aos 60 alumnos que partirán este mes a Estados Unidos dentro do programa Educativo Municipal A Coruña: “Bolsas de Estudos Junior Year 2019-2020. 1º de Bacharelato en EE.UU”, un programa que convocou o Concello a través de Servizos Sociais e que permitirá que o alumnado da 4º da ESO estudie alí o Grao 11, equivalente a 1º de Bacharelato, ademais de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento doutra cultura.
A rexedora explicoulles aos bolseiros no acto que o que se lles presenta é unha experiencia vital “que sempre recordaredes”, na que non só medrarán en coñecementos, tamén como persoas aprendendo a convivir con outra familia e valorando todo o que queda aquí. Animounos, por tanto, a que gozaran desta oportunidade tanto no académico como a nivel persoal.