Preto de medio cento de mozas e mozos de entre 14 e 30 anos do Concello de Lousame participaron recentemente en dous obradoiros formativos. Ambas actividades están encadradas no proxecto Mocidade en movemento, apoiado pola Xunta a través da liña de axudas destinadas ás entidades locais para a posta en marcha de iniciativas dirixidas á xuventude.
A primeira das actividades comprendeu un obradoiro de rap galego, que foi impartido polo colectivo Vella Escola. A sesión incluíu, por unha banda, información sobre a historia da cultura hip hop. Para completar o obradoiro, realizouse unha dinámica introductoria ao rap, ritmos e temáticas para o rapeo, así como una interpretación individual e colectiva creada pola mocidade participante.
A segunda das propostas comprendeu un taller teórico-práctico sobre drons desenvolvido no polideportivo Pilar Barreiro Senra. Neste caso, o obxectivo foi introducir á mocidade asistente neste ámbito innovador e tecnolóxico que ofrece boas perspectivas de cara ao futuro profesional. Neste obradoiro tratáronse nocións sobre a normativa a nivel básico para o uso de drons, así como explicacións sobre o coñecemento deste tipo de aeronaves ou sobre a importancia da meteoroloxía, etc.