Friday 22 de November de 2024

Servidas dúas mil racións nunha exitosa XXII Festa do Percebe de Aguiño


A XXII Festa do Percebe de Aguiño resultou unha das máis exitosas da súa traxectoria con dúas mil racións servidas en pouco máis de dúas horas: dende a unha da tarde en que se abriron as portas da lonxa ata as tres e cuarto aproximadamente, esgotando o crustáceo a disposición dos comensais que se achegaron de xeito multitudinario ao recinto portuario da parroquia.

Antes, e como é tradición, tivo lugar a concesión dos Percebeiros de Honra, que nesta ocasión recaeron nas máns do coñecido artista Xosé Antonio Touriñán e do teólogo Andrés Torres Queiruga.

O acto de entrega contou coa presenza e participación das conselleiras Rosa Quintana e Ethel Vázquez, ademais do alcalde Manuel Ruiz e do patrón maior de Aguiño, Xosé Antonio Santamaría.