Saturday 16 de November de 2024

O Concello comprométese a incrementar os traballos de limpeza na contorna das Conchiñas


A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, comunicou á Asociación de Veciños de Entre Rondas, a intención do Concello de poñer en marcha medidas destinadas a mellorar a limpeza da zona, en especial no mercado das Conchiñas

A edil de Medio Ambiente, Esther Fontán, atenderá nas próximas semanas as demandas que a entidade veciñal Entre Rondas presentou durante o encontro que mantiveron esta mesma semana, e que se centran principalmente na falta de limpeza das rúas e do parque infantil da praza das Conchiñas. Ademáis, a directiva veciñal solicitou á concelleira que se adoiten medidas cos propietarios de cans que non recollen as deposicións dos animais e
que, en moitas ocasións, déixanos soltos.

Os veciños, ademáis, piden ao Concello que se esixa aos hostaleiros que exerzan maior control na zona das terrazas e melloren o mantenemento, xa que din que se
acumula lixo no chan sen que ninguén o recolla e ofrece unha imaxe sucia do barrio.

A concelleira de Medio Ambiente tamén se comprometeu na mesma reunión a atender a petición de dar resposta á problemática que xurde cos comercios que pecharon as súas portas e que se teñen convertido nun foco de sucidade, xa que a
xente bota lixo entre as reixas das portas e queda acumulada.

Esther Fontán recolleu todas estas demandas dos veciños de Entre Rondas e explicoulles que o goberno municipal é consciente da problemática do barrio. Tamén lles indicou que o plan de limpeza é prioritario para o Concello, e que xa traballa para poñer en marcha actuacións que chegarán a todos os barrios da cidade.

Deste xeito, dixo a edil de Medio Ambiente, darase resposta á unha das principais demandas veciñais que xurdiron nos últimos meses. Polo momento, aprobouse un reforzo estival nos barrios que se completou, no caso da zona das Conchiñas,
cunha acción de baldeo que permitiu adecentar ás rúas nestas últimas semanas.

Esta reunión é unha máis da rolda de encontros que a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontan, ven mantendo coas distintas asociacións veciñais da Coruña co ánimo de coñecer as súas necesidades e demandas e co obxectivo de dar resposta ás mes mas nun plazo de tempo razonable.