Saturday 16 de November de 2024

O Paiaso Peter animou a mañá da segunda xornada das Festas de Verán de Riveira


 

Logo de que o actor Luis Iglesia ofrecera na noite de onte o pregón inaugural dende o balcón do Consistorio cunha intervención na que non faltaron alusións á súa relación con Riveira (onde é un habitual das programacións da Mostra de Teatro) e a súa particular admiración por algúns dos veciños desta localidade (como Andrés Torres Queiruga, Xosé Ramón Barreiro, Quico Cadaval, Toñito de Poi, Ana Peleteiro, os futbolistas Suco I, Suco II, Fran e José Ramón ou o finado intérprete Tuto Vázquez) unha actuación infantil copou o protagonismo na mañá de hoxe.

Así, o Pallaso Piter divertiu aos pequenos e pequenas congregadas cunha animada actuación na praza do Concello, logo de que o día abrise coas consabidas 21 bombas de palenque e as dianas e alboradas.

A programación continuará ás 22.30 horas cunha verbena no Malecón amenizada pola orquestra Tango en tanto que ás 23 horas na praza de España chegará o prato forte desta segunda xornada: o espectáculo de danza da compañía do veciño Fran Sieira coa súa proposta “Entre Soños”.