Saturday 16 de November de 2024

A 22ª edición da Festa do Percebe de Aguiño promociónase en Santiago


A Festa do Percebe de Aguiño abrirá este domingo día 4 as súas portas e con tal motivo, a organizacion do certame se desprazou a Santiago de Compostela para dar a coñecer as características deste consolidade certame gastronómico na capital de Galicia.

As instalacións escolleitas foron as do mercado A Galiciana e o acto contou coa presenza de dúas conselleiras da Xunta: Rosa Quintana, titular de Mar, e a riveirense Fabiola García. Dende Riveira acudiron para apoiar este evento promocional o alcalde Manuel Ruiz e dous conselleiras de Aguiño, Ana Ruiz e Ana Barreiro.

Alí o patrón maior da confradía de pescadores, José Antonio Santamaría, explicou as cualidades dunha festa que cumpre xa a súa 22ª edición e cuxa apertura de portas está prevista para as 12.45 horas. Un pouco antes farase entregas dos Percebeiros de Honra ao prestixioso teólogo Andrés Torres Queiruga e ao polifacético artista Xosé Antonio Touriñán.