A concelleira de Turismo, Diana Cabanas, e o edil de Cultura e Edcación, Jesús Celemín, inauguraron esta mañá unha nova edición da Feira de Artesanía, Mostrart
Os concelleiros de turismo e Cultura, Diana Cabanas e Jesús Celemín acudiron esta mañá á inauguración da 35 edición da Mostrart, a
feira de artesanía de referencia en Galicia e unha das máis importantes de España.
A feira, que abre hoxe as súas portas ata o 15 de agosto, comparte espazo nos xardíns de Méndez Núñez coa Feira de Libro. Serán 43 casetas as que albergarán a obra de 55 artesáns galegos que exhiben as súas pezas de xoiería, cerámica e madeira, así como obxectos restaurados, artigos de cociña, teares que usan materiais reciclados e encaixes de Camariñas. Artesáns que deseñan pezas únicas
utilizando técnicas artesanais.
A feira estará aberta de 11.00 a 14.00 hora, e de 17.30 a 22.00 horas.