Friday 22 de November de 2024

Arredor de 50 nenos e nenas de Touro despediron ‘Xullo lúdico’, un programa educativo de lecer que concilia vida laboral e familiar


 

Arredor de 50 nenos e nenas de Touro despediron onte na zona de Servizos de Touro, onde se ubican as pistas de deportes, a pisicina e a Casa da Cultura, o programa ‘Xullo lúdico’, que ofreceu durante todo o pasado mes de xullo actividades de lecer para os máis pequenos (idades entre os tres e os trece anos) e para que nais e pais residentes no concello poideran conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións de verán. O programa continúa ata mediados de agosto, ainda que cun menor número de participantes.

Onte os máis pequenos e pequenas poideron disfrutar dunha festa da espuma. Un cañón de espuma instalado no recinto da piscina municipal de Touro fixo as ledicias dos máis pequenos do Concello. A programación de ‘Xullo lúdico’ incluíu actividades e xogos predeportivos e cooperativos. Tamén fixeron actividades acuáticas na piscina e multideporte.