O alcalde, Manuel Fernández Munín, presidíu a o peche das sesións de natación
Máis de medio de rapaces e rapazas de Educación Infantil e Primaria concluíron os cursos estivais de natación, hípica e pintura, incluídos dentro do programa de conciliación familiar Verán Activo. O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, presidiu onte o peche dos cursos de natación, que se desenvolveron durante o mes de xullo na piscina municipal de O Forte. O rexedor fixo entrega ao alumnado dun agasallo conmemorativo pola súa participación.
Un total de 45 nenas e nenos asistiron ás distintas sesións, que se dividiron en dúas categorías: iniciación e perfeccionamento. “Estes cursos, aparte de mellorar a técnica e o coñecemento dos diferentes estilos de natación procuran tamén incrementar o seu nivel de seguridade no medio acuático”, indicou Fernández Munín, quen se amosou satisfeito coa boa resposta recibida a esta nova convocatoria dos cursos de natación de verán.
Pola súa banda, un total de 8 nenas e nenos participaron no mes de xullo nos cursos de hípica, que se ofertaron por primeira vez este ano. A actividade desenvolveuse nas instalacións do Club de Hípica de Aríns todos os venres pola mañá e contou cunha boa acollida.
Tamén se estrearon este ano as clases de pintura, que contaron con 14 participantes. Unhas sesións que tamén se combinaron coas actividades previstas dentro do programa de conciliación Verán Activo ofertado polo Concello de Boqueixón.