Friday 22 de November de 2024

O concello cede á Asociación de Dano Cerebral (Adaceco) unha parcela para a construción dun centro de rehabilitación


A Xunta Goberno Local aprobou tamén o plan para conectar os ríos da Grela e Mesoiro por un importe de cinco millóns de euros

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a cesión dunha parcela en Eirís á Asociación de Dano Cerebral Adquirido da Coruña (Adaceco) para a construción dun centro de rehabilitación para usuarios da entidade con dúas modalidades de atención, centro de día e atención ambulatoria, co obxectivo de
mellorar a súa calidade de vida e das súas familias.

Tamén se deu luz verde á contratación das obras para conectar os ríos da Grela e Mesoiro á altura da ligazón de Ponte da Pedra unindo os tramos canalizados existentes de ambos os ríos. O importe do proxecto ascende a 5,1 millóns de euros e foi redactado pola empresa EGIS EYSER, S.A. O obxectivo desta conexión é conducir ao mar as augas pluviais limpas do arroio da Grela a través do río Mesoiro para evitar que teñan que ser
tratadas na EDAR de Bens o que supón un aforro de 2,7 millóns para o Concello.

A Xunta de Goberno Local acordou o pago de 200.000 euros para a certificación final das obras no Ofimático (Separata do Proxecto Modificado nº 1), que permitiron levar a cabo a urbanización e a concesión das licenzas de primeira ocupación aos propietarios. Obras de iluminación, acceso rodada, auga potable. As obras precisas e imprescindibles que, estaban previstas no Proxecto de Urbanización, realizáronse para favorecer o outorgamento das licenzas de primeira ocupación, así como as que eran imprescindibles para garantir a seguridade de bens e persoas no sector mentres se tramitan os procedementos ordinarios
que permitan continuar coa execución do polígono.

Por outra banda, autorizouse a contratación do servizo de mantemento biolóxico e veterinario do Aquarium Finisterrrae por un importe de 697.754,79 € anuais. A partir de agora ábrese o procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto
E tamén a contratación do servizo de mantemento dos mercados municipais cun prazo de duración de tres anos, prorrogables por outros dous. O mantemento adxudícase a Ferrovial Servizos S.A., cun importe de 402.349,20 € anuais.