Tamén se pavimentarán os sobreanchos e un tramo en mal estado
O Concello de Riveira informa de hoxe luns se iniciou unha nova actuación consistente na dotación ao camiño do Cemiterio de Corrubedo de novos servizos de saneamento e pluviais, ademais de pavimentar os sobreanchos da calzada e asfaltar un tramo da vía que está en mal estado.
A empresa Excavaciones Abelleira, S.L., é a empresa encargada de executar esta obra. O orzamento da mesma ascende a 67.879,31 euros e o prazo de execución son tres meses.
Actualmente, o camiño obxecto do proxecto conta cun pavimento de rodadura con triple rego asfáltico; os sobreanchos están no seu estado orixinal (é dicir, con pavimento de terra natural); non existen cunetas e tampouco rede de saneamento.
Con tal motivo, no que se refire a saneamentos fecais, disporase un colector de PVC compacto de 315 milímetros de diámetro e 378 metros de lonxitude na zona de actuación, ademais de pozos de rexistro.
En canto á rede de pluviais, estará conformada por un colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetros e 48 metros de longo (colocaranse arquetas sumidoiros cada 20 ou 25 metros aproximadamente); ademais de 454 metros de cuneta nunha das marxes da vía.
Igualmente, empregarase aglomerado asfáltico en quente tanto para a reposición do pavimento nas zanxas de saneamento e pluviais como para a pavimentación dos sobreanchos, que levarán un tratamento previo a base de zahorra artificial compactada.
Por último, existe un tramo de camiño cuxo pavimento de triple riego asfáltico atópase moi deteriorado, razón pola cal será substituído por outro novo.