Saturday 16 de November de 2024

Ovidio Rodeiro clausura o obradoiro de emprego de Ribeira que formou a 20 alumnos en carpintería e moble e en conservación e mellora de montes


O delegado territorial destacou que a comarca de Barbanza contou en 2018 cun total de 6 talleres de formación e emprego grazas a un investimento da Xunta de 1,4 millóns de euros

Un total de 20 alumnas e alumnos formáronse nos últimos nove meses en Carpintería e Moble e en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes en Ribeira, grazas a un obradoiro de emprego que contou cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 316.000 euros. Os alumnos comezaron a formación teórica e práctica o pasado mes de outubro e concluíron esta mesma semana.

Ovidio Rodeiro foi o encargado de clausurar o taller de emprego “Tahume V” financiado pola Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Ribeira e Porto do Son.

Os traballos prácticos no Concello de Ribeira consistiron na mellora do mobiliario de madeira de 9 centros educativos do municipio; na mellora de equipamentos públicos na rúa Cordieiro e Porto de Currubedo; na instalación de pasarelas de madeira nas praias de Castro e Corna; no mantemento do mobiliario urbano no Paseo de Coroso, área de Fontán e zona recreativa de Olveira, nas prazas de Centenario, Pablo Neruda, Concello, Parque de Abesadas, Rioazor, Touro e Ameixeda e finalmente en actividades auxiliares de mellora do Parque Periurbano de San Roque e do Monte Couso.

No Concello de Porto do Son colocáronse 8 peches de madeira par contenedores de lixo en Miñortos, Portosín, Nebra, Noal, Bariña, Queiruga, Caamaño e San Pedro de Muro.Ademais instalouse unha barandilla no mirador da fervenza na parroquia de Ribasieira, unha pérgola e unha pasarela en Portosín e se melloraron os paseos marítimos dos núcleos urbanos de Porto do Son e Portosín.

Outras das actividades do obradoiro consistiron na mellora da masa árborea e na creación doutras en zonas desarboladas nas parroquias de Noal, Baroña, Ribasieira, e San Pedro de Muro.

Ovidio Rodeiro destacou na súa intervención que “estes obradoiros permiten aos participantes obter unha cualificación profesional que favorece a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permite iniciar os seus propios proxectos”. O delegado territorial felicitou a todos “porque a partir de agora estades mellor preparados que fai 9 meses para atopar un emprego, xa que a vosa formación adaptouse ás necesidade das empresas desta comarca”.
Nesta liña, apuntou que “as estatísticas demostran que o 60% dos participantes logran atopar un emprego nos primeiros seis meses e incluso antes de rematar a súa formación, o que pon en evidencia a utilidade destes obradoiros”.

ObradoirosObradoiros
Os municipios das comarcas do Barbanza contaron en 2018 cun total de 6 obradoiros de emprego, 4 deles de carácter dual, onde participaron alumnos e alumnas de calquera idade e 2 de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu en políticas activas de emprego 1.431.491 millóns de euros.

Os talleres ordinarios contan con formación e un acceso a un contrato de traballo durante nove meses e os duais a maiores ofrecen 3 meses máis de traballo nunha empresa da zona na especialidade na que se forman os alumnos.

Os obradoiros duais tiveron lugar en Muros, compartido con Carnota, Ribeira, compartido con Porto do Son, Outes, compartido con Noia e Lousame e Rianxo. Pola súa banda, os obradoiros do Sistema de Garantía Xuvenil, realizáronse en Boiro e Rianxo.

Estes obradoiros permitiron que un total de 108 persoas desempregadas se formasen nun oficio mentres realizaron tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes reciben un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais foi de 9 meses e os de Garantía Xuvenil de 6 meses.