Saturday 16 de November de 2024

Touro vive o seu XVII Festival de Bandas


 

Centos de veciños e visitantes disfrutaron onte domingo en Fonte Díaz da música das bandas de música de Teo, Agolada e Touro

Os veciños de Touro e os visitantes que se achegan no verán ata o Concello viviron e disfrutaron onte pola tarde da música do seu XVII Festival de Bandas do Concello de Touro, organizado pola Banda de Música Isabel II de Touro e polo Concello de Touro. A cita musical é xa unha tradición en Touro nestas datas de finais de xullo. A fermosa tarde de verán estivo amenizada pola tamén fermosa música interpretada polas bandas en Fonte Díaz, capital de Concello de Touro. Numeroso público acudiu ao concerto das tres bandas. Pasadas ás cinco e media da tarde comenzou o festival.

Centos de veciños e forasteiros acudiron ao Campo da Festa, onde se instalou o palco e unha carpa. Abriu o festival a Banda de Música Cultural de Teo, baixo a batuta de Álvaro Varela Ferradáns. Os músicos interpretaron os siguientes temas: Soñar en Xirimbao, Moment for Morricone, Fantasía sobre tres temas galegos, O Pasodobre do Berbés e A Farruquiña. Lle seguiu a Banda de Música Municipal de Agolada, que dirixiu Miguel Adrián Pazos Alonso. E interpretou os temas: Feria de Julio, Second Suite for Band, West Side Story e La Corte del Faraón. O festival pechouno a Banda de Música Isabel II de Touro, con Ramón López Couso, o seu director, ao frente. O repertorio interpretado: Bellas Artes, Estrasantico, A lenda do bico e Namoriqueira. A formación musical de Touro “agradeu ás persoas implicadas no proxecto o traballo e esforzo feito de cara á existencia e continuidade desta agrupación”. Tamén agradeu a presencia no festival das bandas de Teo e Agolada. As tres bandas colleitaron os aplausos do numeroso público, que disfrutó dunha tarde de música y de verán na que tamén colaboran a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Bandas de Música. O Festival de Bandas do Concello de Touro voltará outra vez no verán do 2020.