A alcaldesa presentou a 48 da Feira do Libro de Coruña que contará nesta edición coa presenza das 33 casetas
A alcaldesa, Inés Rey, subliñou o importante papel que desenvolve a rede de bibliotecas da cidade no fomento e dinamización da lectura, en especial entre os máis novos e súa implicación na organización da Feria do Libro de A Coruña. A rede de bibliotecas é a maior de Galiza e a que conta con maior número de socios. Un total de 97.601. A Coruña é un dos concellos que máis cartos adica ao servizo da lectura pública.
Rey quere que A Coruña recupere o seu protagonismo no panorama cultural galego. Que volva ser o centro da cultura galega. “aproveitar todo a potencial cultura que temos”. Para iso, o goberno local creará un gran evento que xire en torno ao Día das Letras Galegas. Un proxecto, apuntou Rey, “no que quero contar co apoio da Real Academia Galega e dos libreiros da cidade”.
Rey presentou esta mañá a 48 edición da Feira do Libro da Coruña que, baixo o lema “Máis que palabras”, en homenaxe a Antón Fraguas, terá lugar nos xardíns de Méndez Núñez entre os días 1 e 11 de agosto. A alcaldesa sinalou que un ano máis os libros regresan aos xardíns de Méndez Núñez e fano co respaldo do goberno local. “A feira do libro é unha das citas culturais máis importante do verán; unha cita cos libreiros e editores da nosa
comunidade na que todos nos involucramos”, insistiu.
A alcaldesa destacou o labor e o esforzo que realizan os libreiros no fomento da lectura e resaltou a necesidade de ver ao libreiro como un profesional. “O seu traballo para impulsar a lectura entre os máis pequenos é vital para o futuro dos libros”, apuntou
A alcaldesa estivo acompañada na presentación da coordinadora da Federación de Librarías de Galicia, Nani Regueira, e Jesús Espada, xefe da área de Cultura da delegación territorial da Xunta.
A feira inaugúrase este xoves, día 1, ás 13.00 horas, e será a poetisa coruñesa Pilar
Pallarés a encargada de ler o pregón. O acto de inauguración, como en edicións anteriores, será traducido á linguaxe de signos.
Ademais, das dúas carpas habilitadas polos responsables das bibliotecas coruñesas, a feira contará con 33 casetas, tres institucionais, nove de editoriais e 21 de librarías Serán once días cheos de presentacións, firmas, encontros con escritores, actividades para nenos, e encontros con ilustradores. Serán máis de 236 actividades. E 330 escritores e figuras do mundo das letras que darán a coñecer as novidades literarias e participarán en distintos coloquios. A Feria contará coa presenza de figuras destacadas como Manuel Rivas,
Domingo Villar y Carlos Bardem.
A coordinadora da Federación de Librarias de Galicia agradeceu a colaboración das administracións públicas- Xunta, Deputación e Concello- e das entidades privadas. “Sen o esforzo de todos non sería posible celebrar esta feira do Libro e poñela no lugar que lle corresponde como un dos eventos máis importantes e visitados da nosa comunidade”, subliñou, o tempo que pediu a concienciación da sociedade e que sigan achegándose á súa
libraría.
Para facilitar o acceso ao libro, dixo, os volumes adquiridos nas casetas contarán cun 10% de desconto. O mesmo que sucederá o Día dás Letras Galegas, e o Día do Libro que se celebra o 23 de abril. Ademais, durante a feira celebrarase un sorteo diario dun lote de libros e outros premios.
Pola súa banda, o xefe da área de Cultura da delegación territorial de la Xunta na Coruña, Jesús Espada, sinalou que a Feira de Libro forma parte do programa de dinamización da lectura que desenvolve a Xunta de Galicia noutros 16 municipios. “O noso obxectivo é achegar a lectura aos grandes pero, en especial, aos máis pequenos, con actividades atractivas”, resaltou Espada, quen apuntou a necesidade de dinamizar o sector do comercio. “É necesario crear moita vida arredor dos libros, porque os libros transforman as
cidades, hai que darlles vida na rúa”.