Os axentes pasarán habitualmente pola zona co fin de asegurar que se cumpren os horarios e que os usuarios que saen fóra respetan as normas de convivencia
A Policía Local reforza a súa presenza na zona do Orzán por mor das demandas dos veciños que se queixan de que teñen que soportar ruídos ata altas horas da madrugada. Para evitar estes prexuízos, haberá máis axentes nas rúas conflitivas co fin de asegurar a convivencia entre os residentes e os clientes dos locais.
En concreto, esta mañá acudiron a varios locais para comprobar que estaban cumprindo cos horarios e que os usuarios respetaban a tranquilidade da zona. Nun deles, foron avisados porque ao parecer estaba habendo unha discusión entre un grupo, pero cando chegaron ao pub estaba pechado e eles non estaban causando ningún altercado. Desde a Policía Local, mandarán de forma habitual patrullas todos os días para ter controladas tanto a rúa Orzán como Socorro e as anexas que conectan entre ambas.
A lei de tabaco que conleva a que os fumadores saian fóra e o bo tempo son as razóns das molestias ocasionadas, polo que os efectivos tratarán de evitar que a clientela lle produza trastornos aos veciños que viven nos puntos de marcha.