Monday 25 de November de 2024

Emprego entrega os diplomas aos alumnos do obradoiro “capela de San Amaro”


 

A concelleira Eva Martínez valorou o traballo de nove meses dos 20 participantes na contorna e na propia igrexa e o feito de aprender a facelo en equipo e a sensibilizarse co medio ambiente

A concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Martínez Acón, e o director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia, Pablo Casal, entregaron os diplomas do obradoiro de emprego “capela de San Amaro” aos 20 desempregados que durante nove meses se formaron nas especialidades de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, así como de pintura industrial en construción.

A edil valorou o traballo dos participantes que adecentaron a contorna e a igrexa porque non só demostraron a capacidade para poñer a punto a zona exterior e a propia construción, senón tamén porque aprenderon a traballar en equipo e en igualdade de xénero, ademais de sensibilizarse co medio ambiente, “tan importante nos tempos actuais”.

Martínez felicitou aos alumnos polo traballo dunha iniciativa coa que o Concello aspira a conseguir a súa reinserción laboral. Por outra parte, destacou o enclave no que ampliaron a súa experiencia xa que a capela é “o primeiro contacto que ten o usuario e visitante do cemiterio de San Amaro”, con todo o valor patrimonial que o camposanto encerra. Pola súa parte, Casal falou da importancia de seguir con este tipo de iniciativas que contan co financiamento de Concello e Goberno autonómico.