As acrobacias aéreas de Súe Moreno puxeron o punto final ao programa Cultura, organizado polo Concello de Ordes. O numeroso público que non quixo perder esta cita marchou satisfeito despois de ver como esta actriz, trapecista e bailarina foi capaz de construír as máis impresionantes formas humanas ao mesmo tempo que retaba á gravidade.