O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, presentou a XIX Semana Náutica, na que terán lugar esta fin de semana na baía o XLV Trofeo Ciudad de La Coruña e a Copa Galicia en Snipe
O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, presentou a décimo novena edición da Semana Náutica, organizada polo Real Club Náutico de La Coruña, onde se disputarán esta fin de semana o XLV Trofeo Ciudad de La Coruña e a Copa Galicia en Snipe, que reunirán na baía a preto de 120 embarcacións e 200 participantes. O edil destacou a oportunidade de ver aos mellores regatistas do estado e de Portugal nunha cidade atlántica na que se apostará co novo Goberno por potenciar os deportes náuticos.
Agradeceu tamén ao Real Club Náutico de La Coruña o esforzo de converter a cita en tradicional e sinalou que aquí navegarán os campións absolutos das distintas categorías, pero tamén os das xuvenís que están comenzando a destacar profesionalmente.
Pola súa parte, Jorge Etcheverría, de Comodoro do Náutico, falou de que as predicións meteorolóxicas apuntan a que na fin de semana, dado o vento que azoutará na costa coruñesa, primará a técnica dos deportistas á potencia física, mentres que conforme avance a semana, as condicións mellorarán e darán lugar a xornadas óptimas para ver grandes espectáculos sobre o mar.
Ademais, o presidente do Real Club Náutico, Fernando Cobián, valorou a importancia de que desde a Real Federación Española de Vela elixirán A Coruña como escenario para competicións como o Nacional de Snipe, onde se poderá ver como manexan a vela 30 participantes na modalidade xuvenil e 60 na absoluta, e que lles servirá aos mellores regatistas do país de adestramento de cara ao próximo Mundial de outubro en Brasil.