Saturday 16 de November de 2024

Innovación impulsará unha política de vivenda que contemple aspectos sociais


A concelleira Eva Martínez recibiu ao consello reitor dos Colexios Oficiais de Axentes da Propiedade Inmobiliaria de España (COAPI), ao que lle trasladou a vontade de colaboración do Goberno local

A concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Martínez, recibiu ao consello reitor dos Colexios Oficiais de Axentes da Propiedade Inmobiliaria de España (COAPI).

A edil reunise cos distintos representantes do estado -entre eles o presidente do Consello Xeral, Gerard Duero, e o responsable de COAPI Coruña, Herminio Carballido- aos que lle transmitiu a súa intención de desenvolver unha política de vivenda que relance ao sector e que contemple ao mesmo tempo aspectos sociais de carácter esencial.

Para Eva Martínez, é necesaria a intervención de profesionais do sector como garantía para que o acordo de vontades do contrato inmobiliario estea dotado da seguridade precisa. Por iso, a concelleira trasladou a disposición do Goberno local para colaborar co colectivo en proporcionarlle a estabilidade e madurez ao mercado inmobiliario, e “onde os criterios sociais constitúan unha pedra angular”.