O crédito servirá para pagar obras como o viaduto da Ronda de Nelle e para rematar a piscina do Castrillón.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a autorización da concertación dunha operación de crédito por importe máximo de
6.505.000 euros para poder financiar as obras do modificativo de crédito aprobado en maio deste ano. Esta operación de crédito foi referendado polo pleno da anterior
Corporación Local.
Entre os investimentos xa aprobados destacan a finalización da Piscina do Castrillón e o viaduto da Ronda de Nelle. Tamén servirá para facer fronte aos pagos dos
incrementos no capítulo 1 do Orzamento Xeral, agora prorrogado.
Doutra banda, aprobouse a concesión dun crédito extraordinario para poder facer fronte ás obrigacións de pago (extraxudiciais) contraídas en exercicios anteriores. Entre estas obrigacións destacan os 3.023.983 que se endebedan á Compañía de Tranvías, e dúas facturas de 2016; unha a cargo das camisetas do Coruña Corre por valor de 5.100 euros, e outra por mantemento de hardware por valor de 2.555
euros.
Así mesmo, aprobouse un suplemento de crédito por valor de 943.774 euros para sufragar o custo da certificación da obra da cuberta de Riazor, aínda sen abonar.