Friday 22 de November de 2024

A Xunta de Goberno anula o procedemento negociado sen publicidade para a prestación dos servizos bibliotecarios ante a resolución do Tacgal


 

A alcaldesa Inés Rey afirma que o Concello sacará unha nova licitación e que o importante é garantir a estabilidade dos traballadores e os seus salarios

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a anulación do procedemento negociado sen publicidade para a prestación dos servizos bibliotecarios na rede municipal ante a resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autonómica de Galicia (Tacgal). A alcaldesa Inés Rey declarou que non se atoparon indicios da “imperiosa urxencia” que motivou nese día esa licenza e engadiu que sacarán unha nova licitación porque isto implica o pago das facturas con reparos. A rexedora explicou que o máis importante é garantir a estabilidade das traballadoras e traballadores e os seus salarios para que “o servizo se preste en óptimas condicións”.

Ademais, na sesión se lle deron luz verde aos novos pregos das cláusulas administrativas particulares para a contratación por 1.600.000 euros anuais da concesión durante dous anos, prorrogables a outros dous, do servizo de axuda a domicilio (SAD 1), en base ao cumprimento da resolución 37/2019 do Tribunal Administrativo de Contratación pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén se asinou a execución da sentenza firme do TSXG de 21/06/2018 pola que se declara a nulidade do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local o
25/01/2014 polo que se concedía licenza de obra para a construción dunha área destinada a suministro de combustible no aparcamento a ceo aberto do hipermercado Carrefour, sito na avenida Alfonso Molina.

Por outra parte, a Xunta de Goberno aprobou a prórroga do contrato do servizo de grúa e depósito de vehículos estacionados na vía pública á UTE composta por

Valoriza Servicios Medio Ambientales S.A, Sogesel Desarrollo e Gestión S.L, dun ano de duración comprendido entre o 31/07/2019 e o 30/07/2020.

En canto á infraestruturas, aprobouse a execución das obras nos vestiarios e no campo de fútbol de herba artificial de Eirís e os traballos de conservación e mantemento no terceiro departamento do cemiterio de San Amaro, que estará financiado nun 80% polos fondos FEDER (Estratexia DUSI). Entre outros puntos, autorizouse o gasto e aprobación da firma do convenio de colaboración co Club Básquet Coruña e o Hockey Club Liceo de A Coruña.