Novos títulos para Lara López Fernández. Tras a súa participación no Campionato de España de Verán Xuvenil e Júnior de Salvamento e Socorrismo, a ordense regresou a casa como nova campioa nacional nas probas individuais de sprint praia e bandeiras así como en relevo de sprint praia. Dito campionato disputouse os pasados 12, 13 e 14 de xullo na Praia de Zarautz, Guipúzcoa.