Friday 22 de November de 2024

A Xunta de Goberno Local aproba o nomeamento de tres directoras de área


 

María José Porto Cagiao será a directora da Área de Igualdade, Benestar Social e Participación; Elvira Quintairos Lorenzo asume o cargo de directora de Infraestruturas e Mobilidade e Angelika Lorenzen Ketterling estará ao frente da dirección de Medio Ambiente e Sostenibilidade

A Xunta de Goberno Local urxente celebrada hoxe aprobou o nomeamento das tres novas directoras de área, María José Porto Cagiao, que asume a dirección da Área de Igualdade, Benestar Social e Participación; Elvira Quintairos Lorenzo será a directora de Infraestruturas e Mobilidade e Angelika Lorenzen Ketterling estará ao frente da dirección da área de Medio Ambiente e Sostenibilidade

Representación municipal
Nesta sesión extraodinaria tamén forón nomeados os representantes munipiais nos distintos órganos colexiados nos que participa o goberno local. A alcaldesa, Inés Rey, representará ao goberno na asociación Red Impulso e na Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI).

Juan Díaz Villoslada, edil de Urbanismo Vivenda, Infraestructuras e Mobilidade será o representante municipal no consello da Autoridade Portuaria. José Manuel Lage Tuñas, edil de Economía e Facenda, no Consello de Administración de Gas Galicia, S.D.G.

Jesús Celemín Santos, edil de Educación, representará o Concello no Padroado da Fundación Universidade da Coruña, no Patronato da Biblioteca do Real Consulado, no Muncyt e na Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.

A edil de Igualdade, Benestar Social, Yoya Neira, estará presente na Asociación pro persoas con discapacidade intelectual de Galicia (Aspronaga), no Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade, no comité local da Cruz Vermella e no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar Social.

Eva Martínez Acón será a representante no Consorcio Franco da Coruña e na Escola
Universitaria de Relación Laborais, mentras que a concelleira de Turismo, Diana Sobral,

estará presente no Comité Nacional Español de ICOMOS e no Consello Asesor de
Telecomunicaciones e Audiovisual de Galicia.

Delegación de competencias
Por outra banda, o órgano colexiado acordou delegar a potestade sancionadora no titular da
Dirección de Seguridade Cidadá.