A alcaldesa Inés Rey animounos a seguir formándose no que lles gusta e no que crean para verter todo ese talento nun futuro na cidade
O Concello recibiu esta mañá aos alumnos que obtiveron unha maior cualificación nas probas Abau de 2019, que foron recibidos pola alcaldesa Inés Rey e polo concelleiro de Educación, Jesús Celemín. O acto celebrouse no salón de plenos onde foron agasallados cunha bandexa coa Torre de Hércules gravada.
Os estudantes Guillermo Alonso-Jáudenes Paz, do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda; Carmen Cadahía Veira, do IES Plurilingüe Rafael Dieste; Alfredo Chavert Sancho, do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda; María Aurora Delgado López, do CPR Plurilingüe Santa María del Mar; Álvaro González López, do CPR Plurilingüe Santa María del Mar; Olalla Maceiras Outeda, do CPR Eirís; Laura Pérez Pardo, do CPR Plurilingüe Compañía de María; Sara Pérez Mancebo, do CPR Plurilingüe Cristo Rey; Pedro Piñeiro Otero, do CPR Plurilingüe Cristo Rey; Álvaro Romero Martín, do CPR Plurilingüe Compañía de María; e Iago Sánchez Fariñas, do CPR Eirís, acudiron ao Concello e intercambiaron palabras coa rexidora que lles animou a que seguiran estudando o que lles guste e no que cren e que a ser posible verteran ese talento nun futuro na cidade.
Rey valorou o esforzo de todos eles e das súas familias “porque non está de máis que alguén o felicite” e dixo estar orgullosa en nome da Corporación municipal do exemplo que dan.
A alcaldesa convidounos a que elixiran un camiño que os motive e “no que vos sintades cómodos” cunha formación sen présas xa sexa na Coruña ou fóra da cidade, pero que, en todo caso, disfrutasen da etapa adulta que comezan.