Friday 22 de November de 2024

Recepción á cativada participante no XIV Campus José Ángel Antelo ‘Vila de Noia’


 

 

O alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e a concelleira de Deportes e Xuventude, Laura Salgado, presidiron hoxe a recepción oficial aos máis de 60 rapaces e rapazas que participan esta semana no XIV Campus José Ángel Antelo Vila de Noia. Esta iniciativa, organizada polo Club Baloncesto Noia, en colaboración co Concello, conta coa participación de máis de 60 rapazas e rapaces de entre 5 e 16 anos.

O XIV Campus José Ángel Antelo Vila de Noia desenvólvese dende o pasado 1 de xullo ata o vindeiro día 15. O seu amplo programa de actividades comprende variadas propostas de lecer, que se desenvolven na súa maioría nas instalacións do pavillón Alonso Rodríguez. Baloncesto, deportes náuticos e obradoiros de manualidades son só algunhas das iniciativas que se están a desenvolver nestes días, ofrecendo unha alternativa de lecer ás crianzas durante as súas vacacións estivais.