O Rei Felipe VI designou o alcalde de Santiago delegado rexio nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o vindeiro 25 de xullo na igrexa do mosteiro de San Martiño Pinario. Esta será a cuarta vez que Xosé Sánchez Bugallo exerza esta responsabilidade, tras as ofrendas de 2001, 2005 e 2008, na súa anterior etapa como rexedor municipal.
Xosé Sánchez Bugallo sucede nesta delegación ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, quen realizou a Ofrenda en 2018. A decisión foille comunicada ao rexedor polo xefe da Casa Real, Jaime Alfonsín.