Saturday 16 de November de 2024

O Concello apoia o programa “Mares Circulares”, de Coca-Cola, que traballa na limpeza e reciclaxe de residuos


 

A alcaldesa Inés Rey destaca a importancia de promover actividades que axuden á limpeza dos fondos mariños, pero tamén de concienciar aos rapaces da importancia da reciclaxe co obxectivo de mudar a realidade contaminante do país

A Coruña, 2 de xullo de 2019- A alcaldesa Inés Rey acudiu á presentación no Real Club Náutico do programa Mares Circulares, impulsado por Coca-Cola, que chega este ano a Galicia cun amplo abano de actividades, que promoven a limpeza de residuos nas costas e fondos mariños, pero tamén a súa reciclaxe e reconversión en novos produtos dentro dunha economía circular que no caso da empresa ten xa resultados palpables.

No ano 2018, recolléronse a través do proxecto integral 26.171 kilos de residuos nas
2.252 hectáreas de traballo coa recuperación de elementos plásticos, a maioría relacionados coa pesca (redes, sogas, sedais…) e a agricultura (canles de rego, láminas, plásticos de invernadeiro…).

Mares Circulares contribuiu á conservación das reservas mariñas, concretamente, estiveron en dez do estado, dependentes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e nunha dentro dun entorno natural portugués como é a Área Mariña Protexida Isla de San Miguel, das que recolleron máis de 8.300 kilos de material contaminante. Actuaron igualmente en 82 praias grazas á colaboración de 5.000 voluntarios e 70 barcos cooperantes extraeron en doce portos da península preto de
6.700 kilos de basura mariña.

Tendo en conta que no ano 2050 se prevé que haxa máis plásticos que peces nos océanos, o Concello apoia esta iniciativa que non se queda na recollida, senón que vai máis alá coa formación de rapaces en talleres centrados na sostenibilidade, nos que vexan cos seus propios ollos as posibilidades que teñen os residuos para ter unha segunda vida, outro dos puntos que se potencian tamén en empresas como Coca-Cola, coa reconversión de plásticos PET en novos produtos: “É unha prioridade deste gobernó promover a economía circular, pero o que nos parece máis importante aínda é a formación dos rapaces para cambiar conciencias de cara un futuro sostible”, destacou a alcaldesa na presentación do programa.