O Concello de Lousame organiza un curso sobre uso responsable de Internet e Redes dirixido a nenos e nenas de idades entre os 6 e os 12 anos. Un curso que terá lugar todos os venres de xullo e agosto, en horario de 12:00 a 13:30 horas, na Casa da Cultura de Lousame. O número de prazas é limitado e a inscrición pode realizarse na propia Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 981 825 780.