Máis de 250 amantes do deporte acuático participaron onte nunha nova edición do Descenso do Ulla en Piraguas. Esta iniciativa, desenvolvida de xeito conxunto polos municipios Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces.
As persoas participantes procedían principalmente dos tres municipios participantes e tamén da bisbarra. Todas elas reuníronse na área recreativa da Ponte Ledesma para recoller cadansúa piragua e iniciar o percorrido de 10 quilómetros a través do río Ulla cruzando os tres concellos do Val do Ulla. Dende esta zona, as piraguas pasaron polas Illas Gres para despois trasladárense á área recreativa de Vilanova, onde finalizarían este percorrido.