A maior parte corresponde ao pagamento único e destínanse tamén fondos por conceptos como as desvantaxes específicas de vacún de leite e a indemnización compensatoria para zonas de montaña
A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), ven de transferir un total de 62.825.234,64 euros a uns 26.500 beneficiarios en concepto de pago de varias axudas da solicitude unificada da PAC 2014 tal e como se detalla na seguinte táboa:
Axuda Importe €
Pagos directos
Pagamento único 44.395.129,99
Desvantaxes específicas vacún leite 16.530.017,54
Desvantaxes específicas cabrún 35.211,07
Desenvolvemento rural
Indemnización compensatoria montaña 1.128.421,23
Indemnización compensatoria outras zonas 736.454,81
Total Galicia 62.825.234,64
Estes pagos sumaranse aos xa realizados desde finais de outubro en concepto de indemnizacións compensatorias (7.575.105,61 euros) e de anticipo do pagamento único (35.810.903,67 euros), polo que o importe total transferido das axudas da solicitude unificada da PAC 2014 ascenderá a 106.211.243,92 euros.
Nas vindeiras semanas, antes de que finalice o ano, realizaranse novos pagos destas axudas e doutras como son a prima por vaca nutriz e a axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores que manteñen explotacións con vacas nutrices.
Como é habitual no pago de axudas directas da PAC, os beneficiarios que indicaron o seu teléfono móbil nas súas solicitudes recibirán unha mensaxe indicándolles o importe transferido e o concepto.