Friday 22 de November de 2024

Un 35% das praias galardonadas coa bandeira azul en 2019 atópanse na provincia da Coruña


A directora xeral de Patrimonio Natural participou esta mañá no izado da bandeira azul na praia de Caión no Concello da Laracha, un dos catro concellos da provincia que ten o distintivo de bandeira azul, centro azul e sendeiro azul
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, destacou esta mañá o traballo e o labor dos concellos galegos para facer da Comunidade galega unha das rexións españolas que ocupa as primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis en 2019.

A directora xeral de Patrimonio Natural participou esta mañá no acto de izado da bandeira azul á praia de Caión, xunto co alcalde da Laracha, José Manuel López Varela; onde recordou que Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 107, das cales 38 pertencen a praias da provincia da Coruña, é dicir, un 35,6% dos areais con esta distinción atópanse nun municipio da provincia da Coruña.

Tamén explicou que os concellos de Arteixo e Boiro son os que máis recoñecementos deste tipo obteñen este ano, con sete -ao igual que en 2018-; seguido de Oleiros e A Coruña, con cinco areais distinguidos. Deste xeito, os veciños, e turistas que elixen Galicia como destino vacacional, poden gozar de espazos naturais que contan cunha calidade das augas excelente, seguridade, servizos, a accesibilidade aos areais e unha axeitada xestión ambiental e sustentabilidade dos areais e das dársenas.

Grazas ao esforzo e ao papel dos concellos, Galicia mantén a súa segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul (con 107), despois de Valencia con 135 distincións. Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 20% das 566 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalana (97 bandeiras),e pola andaluza (79).

A directora xeral destacou o Concello da Laracha, por ser un dos catro municipios -xunto con Oleiros, Camariñas e Boiro- da provincia da Coruña, en contar con bandeira azul para un areal (Caión), centro azul (Centro de Interpretación dos Muíños de Augas da Costa da Morte- Golmar) e sendeiro azul (Sendeiro de Saldoiro).

A continuación detállase os distintivos outorgados aos concellos e areais, sendeiros azuis e centros da provincia da Coruña.

Concello Praia
Boiro Barraña
Carragueiros
Mañons
Retorta
Barraña-Saltiño
Ladeira do Chazo
Piñeirón
Dumbría Ézaro
Camariñas Arou
Ponteceso Valarés
Ermida
Osmo
Carballo Razo
Saíñas
Pedra do Sal
A Laracha Caión
Arteixo O Reiro
Barrañán
Combouzas
Valcovo
Hucha
A Salsa (Repibelo)
Sabón
A Coruña Riazor
Orzán- Matadero
San Amaro
As Lapas
Oza
Oleiros Bastiagueiro
Mera
Espiñeiro
Santa Cristina
Naval
Miño Perbes- Andahío
Ferrol Doniños
San Xurxo
Esmelle
A Fragata- Pareixal
TOTAIS: 11 38

Sendeiros azuis

Provincia da Coruña
Sendeiro Costa da Morte Camariñas
Costa Libre Oleiros
Sendeiro Litoral de Boiro Boiro
Senda Azul Litoral de A Coruña A Coruña
Sendeiro de Saldoiro A Laracha
Senda do Mar Razo- Baldaio Carballo
Senda Litoral de Arteixo Arteixo

Centros azuis

Centro Concello
Centro de visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes Oleiros
CEIDA. Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Centro Social de Boiro Boiro
Centro de Interpretación dos Muíños de Augas da Costa da Morte- Golmar A Laracha
Museo Man de Camelle Camariñas