Friday 22 de November de 2024

O LUNS COMEZAN OS CURSOS DE NATACIÓN EN CARRAL


 

Máis de 70 nenos/ as comezarán o luns as clases de natación nas piscinas municipais de Carral.

O luns 1 de xullo comezan os cursos de natación que durante o mes de xullo impartiranse nas piscinas municipais de verán. Este ano foron 72 os nenos e nenas de entre 3 e 15 anos inscritos nestes cursos estivais.

Os alumnos distribuíronse en 3 grupos segundo as súas idades, e dentro de cada grupo establécense niveis de iniciación e de perfeccionamento. As clases do primeiro grupo, impartirase entre as 11.00 e as 11.45 h, e nelas participarán os mozos e mozas de entre 11 e 15 anos. Xusto a continuación, entre as 12.00 e as 12.45 h, será a quenda dos nenos e nenas de entre 7 e 10 anos. Finalmente, no terceiro grupo, de 13.00 a 13.45 h, a idade dos alumnos e alumnas é de 4 a 6 anos.

As clases serán impartidas por monitores especialistas, e terán unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso será de 28 €/alumno todo o mes.