O auditorio da Casa da Cultura “Santeiros de Chave” de Lousame acollerá mañá venres 28 de xuño a tradicional audición de fin de curso da Escola Municipal de Música de Lousame, que terá lugar a partir das 20:00 horas. Unha actividade de acceso libre e de balde na que está prevista a participación duns 60 alumnos e alumnas.
Así mesmo, o Concello de Lousame lembra que está a piques de rematar o prazo de inscrición na Escola de Música de Lousame, que se pechará definitivamente o venres 5 de xullo. Máis información e inscricións na Casa do Concello ou na Casa da Cultura.