Saturday 16 de November de 2024

Touro celebra o próximo domingo, 30 de xuño, o seu Día do Neno


 

O Concello de Touro vivirá o próximo domingo, 30 de xuño, o seu xa tradicional Día do Neno. Será na Praz do Luar, zona onde está ubicada a Casa da Cultura, piscina municipal, pistas de deporte e a zona de servizos. O Concello de Touro, de 16.30 a 20.00 horas, e para que disfruten todos os pequenos, instalará un parque infantil con inchables. A piscina estará a disposición dos nenos e nenas que queiran asistir á festa para refrescarse e divertirse. Alí tamén haberá inchables e xogos nos que a auga será a protagonista. O tren turístico comenzará o seu percorrido ás 12.00 horas.

En Touro o Día do Neno tamén estará o Mago Antón co seu espectáculo e co Magomóbil, que se ubicará na Prazo do Luar. Haberá pases para este espectáculo ás 12.00, 13.00, 16,30, 17,30, 18.30 e 19,30 horas. O aforo é limitado e poderánse recoller as entradas antes do espectáculo. A diversión está garantiza en Touro o próximo domingo.