Friday 22 de November de 2024

O centro social polivalente de Brión acollerá este sábado unha clase de ioga e unha sesión de relaxación con cuncas tibetanas e gongs


 

O centro social polivalente de Brión acollerá este sábado 29 de xuño, a partir das 19:00 horas, unha clase especial de ioga impartida por Carmen García, monitora dos cursos anuais de ioga do Concello de Brión. Unha sesión que se complementará ás 20:00 horas cunha novidosa sesión de relaxación con cuncas tibetanas e gongs. Trátase dunha iniciativa que busca eliminar o estrés e conseguir o equilibrio a través do son e as vibracións destas cuncas.

A participación en ambas clases é totalmente gratuíta, se ben o número de prazas é limitado e é preciso anotarse previamente na cafetería do centro social polivalente (Pablo) ou no 981 50 99 10. Colabora: Concello de Brión.