A Escola Municipal de Música Magariños de Brión celebrará mañá venres 21 de xuño, ás 20:00 horas, o Día Europeo da Música cun concerto a cargo do Banda de Música Magariños, conformada por alumnado do centro. Un acto que terá lugar no centro social polivalente de Brión. A entrada é totalmente libre e de balde.
Carlos Pintor, director da ESMU Magariños, adianta que o concerto “incluirá un programa con diferentes estilos musicais co que pretendemos o deleite do público asistente”. Así, o alumnado da Banda de Música Magariños interpretará temas variados, dende o “New York, New York” de Sinatra a “Paquito el chocolatero”, pasando por bandas sonoras como “Os sete magníficos”, o rock de Queen con “I want to break free” ou a clásica “A pantasma da ópera”.
Un concerto organizado pola Escola Municipal de Música Magariños (coa colaboración do Concello de Brión, a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) e que pon o punto e final á tempada de actividades do centro brionés.