A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Noia organiza unha charla informativa sobre a tenencia responsable de mascotas, que terá lugar este venres 21 de xuño, ás 20:30 horas, no salón de plenos da casa do concello. Unha sesión de asistencia totalmente libre e de balde.
A charla contará coa participación de José Pérez Rojo, cabo primeiro e xefe do Seprona-Noia; Lyra Sierra, da asociacion AECA; Francisco Fernández, policía local de Noia; e Ana Isabel Cotofre, de Veterinario San Marcos. Unha charla que será presentada pola concelleira de Medio Ambiente, Angela Neri Arufe. Con esta charla, o Concello de Noia dá continuidade a anteriores campañas como a de control do microchip de identificación dos cans, desenvolta con gran aceptación durante o pasado verán.