Trinta veciños e veciñas de Lousame participaron este domingo nunha excursión aos Ancares e á festa “Arde Lucus”, organizada polo Concello de Lousame e o Club Lousame Deporte. Unha viaxe que serviu como clausura das actividades deportivas municipais do curso 2018/2019.
A expedición saíu ás 7:45 horas da praza Teodomiro Hidalgo de Lousame cara aos Ancares, onde visitaron a aldea de Piornedo de Ancares e realizaron unha visita guiada ao castelo de Doiras. Xa pola tarde, os lousamiás desprazáronse ata a cidade de Lugo, onde participaron nunha das súas maiores festas: o “Arde Lucus”, para volver a casa pasadas as dez da noite.