Saturday 16 de November de 2024

I Xornada Prevención do Suicidio


 

Esta mañá tivo lugar a I Xornada Prevención do Suicidio, cuxa organización correu a cargo do CIM da Mancomunidade de Ordes e da asociación Andaina Pro Saúde Mental. Un encontro especialmente dirixido a persoal profesional do ámbito social, educativo, sanitario, de seguridade e xudicial. Susana García, concelleira de Benestar Social do Concello de Ordes, foi unha das presentes.
A xornada contribuíu para resolver dúbidas por parte das persoas asistentes, ademais de servir de ferramenta para poder ofrecer información de maneira preventiva e integrada ante os posibles casos que se poidan dar.
Como relatores desta xornada estiveron Alberte Xavier Araúxo Vilar, especialista da área de psiquiatría, xerencia e xestión integrada de Santiago de Compostela (SERGAS), e Luísa Fernanda Peleteiro Pensado, técnica do servizo de saúde mental e asistencia a drogodependencias (SERGAS). Entre os puntos que se abordaron figuran aspectos xerais, mitos e prexuízos; a avaliación e a intervención da conduta suicida no ámbito sanitario e as solucións de futuro.
Na posta en marcha desta iniciativa colaboran: Servizo Galego de Saúde, Concello de Ordes, Xunta de Galicia e Unión Europea.