Saturday 16 de November de 2024

Prata para Daniel Loureiro en lanzamento de xavelina coa selección galega


 

Esta fin de semana Daniel Loureiro Mosquera, do Club Atlética A Silva-Ordes, formou parte da Selección Galega e trasladouse ata Moratalaz. Alí realizou un lanzamento de xavelina de nada máis e nada menos 49’06 metros, a súa mellor marca persoal, o que lle supuxo a medalla de prata ademais do pase para acudir ao Campionato de España S16 que terá lugar en Xixón o vindeiro mes de xullo.

En Oleiros os másters do club tiveron a súa oportunidade o sábado dentro do Campionato Galego. De alí o equipo masculino regresou con medalla de bronce, mentres que o feminino rozou o podio, quedando en cuarto lugar.

De Cidade Real regresou con marcas persoais superadas o equipo infantil feminino (S14) despois de competir a un alto nivel no Campionato de España.