Esta fin de semana Marcos Vieites, xogador do A.C. Órdenes, formou parte da selección galega masculina Sub-16, que se desprazou ata Alcoi (Alacant) para disputar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas. Finalmente caeron derrotados en semifinais contra a selección madrileña, quedando en cuarta posición tras perder contra a selección valenciana, que xogaba na casa. Marcos Vieites tivo ocasión de compartir vestiario cun vello compañeiro de filas, Xandro Fraga Montero, quen tamén formou parte do A.C. Órdenes ata a tempada 2016-17 e residiu en Ordes ata hai un ano.
Tanto o A.C. Órdenes como o Concello de Ordes felicitan tamén á selección galega feminina Sub-16, que rematou en cuarta posición dentro da clasificación xeral do mesmo campionato.