Friday 22 de November de 2024

120 nenos e nenas compiten mañán nos torneos de F-8 Concello de Touro no Campo de Loxo


O campo de fútbol de Loxo acollerá mañán sábado, día 15 de xuño, o VIII Trofeo F-8 Benxamín Concello de Touro e o III Trofeo F-8 Prebenxamín ConcellodeTouro. O Concello de Touro, en colaboración coa Sociedade Deportiva Touro, organiza cada ano un dos torneos máis recoñecidos en toda a provincia da Coruña para os pequenos futbolistas.
Os partidos comenzarán a disputarse arredor das 09.30 horas. Haberá partidos durante toda a xornada do sábado. Arredor de 120 rapaces e rapazas de equipos de toda a comarca acudirán a competir ao campo de fútbol de Loxo. Os partidos, na súa fase final, terán dous tempos de 15 minutos cada un. Está previsto que arredor das 17.30 horas se faga entrega dos trofeos aos gañadores. E tamén aos finalistas. Acudirán as autoridades locales, encabezadas polo alcalde, Ignacio Codesido, e pola concelleira de Deportes de Touro, Adela Iglesias.