Saturday 16 de November de 2024

Centos de persoas participan na II Foliada Airiños Galegos, na parroquia de Galegos (Frades)


 

Centos de veciños e veciñas participaron este domingo na segunda edición da Foliada Airiños Galegos, celebrada no campo da festa de Galegos (Frades). Unha festa organizada pola asociación de mulleres rurais Airiños Galegos, en colaboración co Concello de Frades, a Rede Cultural da Deputación da Coruña e Gráficas Orzán. A festa incluíu unha churrascada baixo carpa no campo da festa, que deu paso á foliada na que actuaron dous grupos de Frades, Sarillo (Aiazo) e Pinga de Troula (Galegos), e dous de Ordes, asociación cultural de veciños de Leira e Os Viqueiras.