A través dun convenio asinado coa Axencia Turismo de Galicia, o concello procedeu á substitución das luminarias existentes nas rúa da Paz e de Gasset por outras iluminadas por leds. O importe desta actuación foi de 59.780,50 €, financiada na súa totalidade pola ditaAxencia, e levada a cabo pola empresa SETGA.
Os traballos consistiron nadesmontaxe dos elementos de iluminación existente e a instalación de novos soportes en fachada fabricados integramente en aceiro inoxidable, con luminarias con tecnoloxía LEDs. Instaláronseen total 49 puntos de luz, dos que 35 unidades foron instalados en fachada e 14 unidades instaláronse en luminarias ornamentais existentes que previamente se acondicionaron.
Con esta actuación pasouse de contar con 33 luminarias cunha potencia de 250 W a 33 luminarias cunha potencia de 60 W, e outras 16 luminarias de 150 W por unhas de 42 W, pasando dos actuais 53.122,20kWh anuais aos 11.403,60kWh, ou o que é o mesmo, reduciremos o consumo en preto de 42.000 kWh, ou sexa un aforro do 79%, e isto traducido a euros quere dicir que pasaremos de gastar preto dos 7.500 € a pouco máis de 1.500 €.
Aparte do beneficio económico para o concello que este proxecto leva aparellado temos que contar co beneficio medio ambiental que tamén supón xa que consúmese moita menos enerxía e, ademais, minimízase a contaminación lumínica.
Agradecer á Axencia Turismo de Galicia a axuda para poder levar a cabo esta actuación e salientar que, desde o concello, seguimos a traballar para mellorar as infraestruturas e os servizos ao nosos veciños na procura dunha mellor calidade de vida.