Friday 22 de November de 2024

Ovidio Rodeiro entrega o galardón galego do ano ao Festival de Teatro Fiot que outorga o Padroado Fogar de Bergantiños


Foron recoñecidos como Carballés do Ano, as Escolas de Fútbol Luís Calvo e como Bergantiñán do Ano, Aloumiños

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou na entrega anual de galardóns de Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano 2017, que outorga o Padroado Fogar de Bergantiños.

Estes premios naceron pola iniciativa da Revista carballesa Mensaxe de Bergantiños no ano 1978, cando a redacción da mesma acordou instaurar estes galardóns para poñer en valor o esforzo de diversas persoas e entidades que traballasen polo desenvolvemento nos diferentes campos en Carballo, Bergantiños, Galicia, España e Internacionalmente.

O representante do goberno autonómico foi o encargado de entregar o premio Galego do Ano a FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro), un dos festivais teatrais españois con máis tradición e renome que se celebra desde hai 25 anos en Carballo.

O Festival Internacional Outono de Teatro celébrase en Carballo desde o ano 1992. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte, coa colaboración do Concello de Carballo, e dirixido por Alberto Sueiro. Atrae a máis de dez mil participantes cada ano no mes de outubro. Ovidio Rodeiro destacou que durante este festival, que dura un mes enteiro, “Carballo convértese na capital das artes escénicas de Galicia, con máis dunha trintena de obras e máis de cen actividades programadas, o FIOT busca visibilizar tanto compañías de referencia como creadores emerxentes”.

Ademais foron recoñecidos como Carballés do Ano, as Escolas de Fútbol Luís Calvo que
nacen no ano 2001 co obxectivo de promover a práctica do fútbol e o fútbol sala nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. A súa escola reúne cada ano a centos de mozos e mozas arredor estes deportes. Desde o ano 2005, organizan o “Torneo Internacional de Fútbol-7 Concello de Carballo”, que xa ten reunido aos clubs de maior nivel galego, estatal e internacional, e goza de recoñecemento no ámbito estatal por ser un dos mellores torneos na súa modalidade.

Finalmente, recolleu o galardón de Bergantiñán do Ano, Aloumiños(Asociación de Persoas con Necesidades Especificas da Costa da Morte), pola labor desenrolada ao longo destes anos na integración de nenos con necesidades especiais, e na formación de pais así como a participación na organización de actividades como o “Camiño dos faros inclusivo