Terá lugar na praza do Concello do 13 ao 16 de xuño
A Feira do Libro de Riveira regresará do 13 ao 16 de xuño á praza do Concello na súa quinta edición cunha atractiva proposta formada por stands expositivos e un amplo programa de actividades.
Nani Regueira, coordinadora da Federación de Libreiros de Galicia; Jesús Espada, xefe territorial de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na Coruña; e David Fernández, concelleiro de Cultura e Educación, foron os encargados de presentar esta nova convocatoria dun certame incluído na programación do Xuño da Cultura e as Arts que contará coa participación da Libraría Pedreira, a Libraría Cortizas, Ler Libraría da Pobra do Caramiñal e Libraría Cartabón, ademais da Deputación da Coruña.
Pregón
O pregón inaugural terá lugar o xoves 13 ás 13 horas e correrá a cargo de Anxo Moure.
Diversas presentacións literarias (“Liñas compartidas”, editado por Patricia Torrado; “Arró”, de Xabier López Marqués; “Compañeira, non serva”, de Rosario Regueira ou “Por puntos” de Manuel Portas; ademais de albergar unha charla coloquio de escritores e escritoras locais con Uxía Casal, Antonio Piñeiro e Antonio Tizón.
Tamén haberá actividades infantís e espectáculos musicais como o que ofrecerá Xurxo Souto para redondear unha cita coa literatura á que o edil David Fernández convidou á veciñanza a non faltar.
As portas da feira estarán abertas xoves e venres de 11.30 a 14 e de 18 a 21.30 horas e sábado e domingo de 12 a 14.30 e de 18 a 21.30 horas. Todos os libros en venta teñen un 10% de desconto.