Terá lugar o vindeiro día 21 no Campo da Feira e nela poderán participar atletas de todas idades nados dende o ano 2008
A IX Milla Urbana Concello de Ordes xa ten data de celebración. Será o vindeiro 21 de decembro a partir das 17 horas no Campo da Feira. Nesta ocasión a convocatoria terá un protagonista moi especial xa que estará especialmente adicada ao atleta máis importante do Concello, e un dos máis destacados de todo o panorama nacional, Iván Raña.
Unha competición deportiva na que poderán participar todos aqueles que o desexen independentemente da súa idade, sempre e cando a súa data de nacemento sexa a partir do ano 2008. Os percorridos irán dende os 100 metros ata un máximo de 1609 según a categoría. Ademais dos trofeos para os tres primeiros clasificados de cada unha delas tamén haberá premios en metálico para os tres primeiros da carreira absoluta, os cales ascenderán a 50, 30 e 20 euros.
Os rapaces e rapazas que participen non marcharán coas mans baleiras, xa que para todos haberá medallas ata fin de existencias. Tras finalizar as competicións a organización ten previsto levar a cabo o sorteos de agasallos entre todos os corredores e corredoras.
Por outra banda tamén se quere aproveitar este encontro para facer unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros destinados ás familias máis necesitadas do Concello. Solicítaselle aos atletas que traian un quilo de alimentos, así como ao resto de asistentes que desexen colaborar.
Os que queiran participar deberán inscribirse ata as 22 horas do 19 de decembro na páxina web www.correrengalicia.org. Para solicitar calquer tipo de información pódese chamar ao teléfono 660 694586.
A IX Milla Urbana Concello de Ordes está organizada e patrocinada polo Club Atletismo Ordes, Concello de Ordes e a Deputación da Coruña.