A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda celebrou esta mañá en Arteixo o Día Mundial do Medio Ambiente, que este ano pon o foco na contaminación do aire
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, invitou esta mañá ao conxunto da sociedade a parar e pensar como podemos manter entre todos o compromiso de mellorar e avanzar cara a sostibilidade do planeta día a día.
Así o puxo de manifesto esta mañá durante unha vista a Arteixo, para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra cada 5 de xuño e que nesta edición pon o foco na contaminación do aire. Manifestou que a celebración deste tipo de efemérides son necesarias para invitar a meditar que cambios cada un de nós pode introduir no seu fogar, no seu traballo ou no seu modo de desprazarse; en definitiva, na vida cotiá, que permitar manter unha prioridade global como feito de manter o compromiso coa sostibilidade.
Ángeles Vázquez indicou que unha das causas da contaminación do aire son os residuos que se xeran cada día; por iso postou por darlles unha segunda vida e avanzar cara a economía circular ou o que é o mesmo, unha xestión moderna e eficaz. A modo de exemplo, explicou que a reciclaxe de vidro axuda a minimizar as emisións de CO2 e permite aforrar enerxía e a extracción de novas materias primas.
Destacou que Galicia nesta materia ocupa unha boa posición, tal e como demostran os datos de 2018 sobre a reciclaxe de vidro na Comunidade, onde se reciclaron máis de 48.000 toneladas, un 11% máis que o ano anterior.
Estes resultados son, sen dúbida, unha das razóns polas que a calidade do aire en Galicia é boa, tal e como recollen os informes realizados nos últimos anos, onde os valores límite lexislados para cada contaminante no aire ambinete non foron superados en ningunha das estacións coas que contamos en Galicia.