Friday 22 de November de 2024

O Concello de Boqueixón celebra este venres a III Festa de Fin de Curso das Actividades Deportivas


Haberá exhibicións, unha masterclass de zumba, inchables, xogos, exposición de manualidades e unha gran festa da espuma final

As instalacións do Forte acollerán este venres 7 de xuño entre as 15.30 e as 20.00 horas a III Festa Fin de Curso das Actividades Deportivas. Esta cita, organizada polo Concello de Boqueixón en colaboración coa APA do CPIP Antonio Orza Couto, ofrecerá distintas actividades para adultos e cativada.

A celebración contará con inchables, xogos deportivos, campionatos de xadrez, fútbol 3×3, merenda para os/as participantes e unha gran festa da espuma final. Ademais, de 16.00 a 17.30 horas ofrecerase unha completa exposición das creacións do alumnado do curso de manualidades.

A media tarde comezarán as exhibicións das distintas escolas deportivas, coa seguinte orde de actuación:

• 17.30 horas: Judo
• 17.45 horas: Patinaxe
• 18.00 horas: Zumba Kids
• 18.30 horas: Multideporte

Pechará o programa de actividades para esta III Festa Fin de curso cunha masterclass de zumba para adultos e cunha gran festa de espuma final.

Dende o Concello animan á veciñanza a acudir a esta cita na que poderán coñecer de preto todo o traballo que se desenvolve nas Escolas Deportivas municipais. A entrada é totalmente gratuíta.